Eucaliptos e o forestal arborado

Eucaliptos e o forestal arborado forma parte da colección de cadernos de análise Ideas Impresas, que a Fundación Galiza Sempre vén de relanzar cun modelo e unha edición máis moderna e nova, pero co mesmo formato lixeiro e interactivo que antes.

O caderno elaborado por Ramón Varela pretende axudar a entender a problemática e os intereses que moven a política forestal, á vez que aborda as grandes posibilidades que aínda temos ante un panorama de obrigado cambio de rumbo. O caderno fai fincapé na necesidade de partir dun modelo propio, sen que sexa alleo nin imposto, ao servizo do país e non ás grandes empresas multinacionais.

ÍNDICE

Superficie e titularidade

Especies, forestación e repoboación forestal

Produción forestal e cortas de madeira

Industria da madeira, consumos e valores

Incendios forestais

Plan de expansión do eucalipto

Conclusións