Declaración Ahotsak. Voces de Mulleres para a paz

Ahotsak

A Fundación Galiza Sempre organizou o 5 de xuño de 2006 a PRESENTACIÓN EN GALIZA DE AHOTSAK coa participación de Encarna Otero, Secretaria de Relacións Exteriores do BNG; Elisabette Piñol, parlamentaria autonómica de EAJ-PNV; Nekane Alzelai, parlamentaria autonómica de Eusko Alkartasuna (EA); Kontxi Bilbao, parlamentaria autonómica de Izquierda Unida-Ezker Batua (IU-EB); Jone Goirizelaia, integrante da Mesa Nacional de Batasuna; Itziar Gómez, integrante da Executiva de Aralar e Ainhoa Aznarez, concelleira do PSN (Partido Socialista de Navarra) no Concello de Pamplona. Publicamos aqui o seu primeiro manifesto.