Estatuto de Galiza

AFIRMANDO a nosa existencia como nación, explicitada nun feito histórico, lingüístico, cultural, socioeconómico e político de ampla raigame e singularidade,

CONSCIENTES de que foi ao longo da Idade Media cando eses trazos se foron definido até agromaren na Nación galega. A chegada dos suevos consolidou o marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo galaico xurdindo Portugal. Na Galiza mantivéronse uns trazos específicos que permiten xa desde a baixa Idade Media identificar a Nación galega actual enfrontando os intentos centralistas de Castela nos séculos XIV e XV. O papel reivindicativo dos ilustrados precedeu aos grandes movimentos de defensa do país: o provincialismo, o galeguismo e, na actualidade, o nacionalismo.

AFIRMANDO o dereito ao noso autogoberno, a dotármonos dunha estrutura política propia e a definir a súa articulación institucional e administrativa acorde coa nosa condición nacional, así como a configuración do nivel de independencia ou dependencia a respecto doutras instancias, […]

Extracto do “Preámbulo”