Xesús Veiga, novo presidente da fundación

24.04.2012

Xesús Veiga Buxán é o novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e deputado do BNG no Parlamento galego entre 1993 e 2005, forma parte do Consello Nacional desta formación política que promoveu a creación da fundación en 1999.

[Seguir lendo]

As fundacións nacionalistas na Asemblea da ALE

07.01.2012

O Centre Maurits Coppieters, a fundación política europea presidida polo director de Galiza Sempre, Xabier Macías, informará das súas actividades á Asemblea anual da Alianza Libre Europea (ALE) que se reune esta fin de semana en Ljouwert, Fryslân.

[Seguir lendo]