O dereito de autodeterminación pertence a todas as nacións sen excepción

09.10.2012

Daniel Turp, profesor na Universidade de Montreal e exdeputado no Québec, resumía asi para o Centre Maurits Coppieters a súa visión sobre o dereito de os pobos a “definir libremente o seu estatus político” e a dispór de soberanía sobre “o seu desenvolvemento social, económico e cultural”.

[Seguir lendo]

"Un dos problemas non resolvidos na Europa é o lugar das nacións sen estado" | Fonoteca FGS

03.10.2012

Miguel Portas, o eurodeputado polo Bloco de Esquerda falecido o pasado mes de abril, destacaba en 2004 unha das grandes eivas do actual proxecto europeo: “Un dos problemas non resolvidos na Europa é o lugar das nacións sen estado”.

[Seguir lendo]

A autodeterminación non se pide, exércese

25.09.2012

“As nacións sen estado non vimos falar das nosas identidades; traemos ao Parlamento Europeo propostas para profundizar a democracia e procurar solucións alternativas de saída á crise”. Carles Riera, abría con estas palabras perante a prensa internacional o Seminario sobre Autodeterminación celebrado en Bruxelas o pasado 20 de setembro.

[Seguir lendo]