Adeus Avelino

21.08.2012

Sumámonos ás mostras de dor e condolencia polo pasamento de Avelino Pousa Antelo, memoria viva do nacionalismo do Partido Galeguista. Alegrámonos de ter compartido a súa vitalidade e o seu compromiso emocionado coa lingua e a cultura galegas.

[Seguir lendo]

Ana Miranda na delegación oficial enviada pola Eurocámara a Paraguai tras a destitución de Lugo

19.07.2012

A eurodeputada do BNG, e colaboradora habitual da Fundación Galiza Sempre, Ana Miranda participa na delegación oficial enviada polo Parlamento Europeo a Paraguai para indagar as circunstancias da fulminante destitución de Fernando Lugo como presidente do país latinoamericano e o posterior nomeamento de Federico Franco.

[Seguir lendo]

Nova web

02.07.2012

A Fundación Galiza Sempre (FGS) renova completamente o seu sitio web para potenciar a súa presenza nas redes sociais e mellorar a súa capacidade de comunicación. A nova páxina mantén o blog de novas e informacións sobre actividades e incorpora en diferentes seccións toda a traxectoria e programas realizados pola fundación nacionalista.

[Seguir lendo]