“Ata 1966 estaba prohibido que as mulleres accederamos á xudicatura”

A xuíza Ana López-Suevos exemplificaba asi as dificultades de acceso das mulleres a novos espazos de poder. O Poder xudicial, foi un dos ámbitos analizados no Seminario sobre o futuro da Igualdade das Mulleres que a Fundación Galiza Sempre organizou en xuño no Centro de Estudos Avanzados da universidade compostelá.

Na súa intervención, López-Suevos referíuse tamén a trabas e impedimentos máis actuais para as mulleres exerceren plenamente os seus dereitos. Por caso, a non previsión de licenza por nacemento de fillo para os maxistrados varóns. Pódela ver neste video: Ata hai tres anos os maxistrados varóns non tiñan licenza por nacemento de fillo. Non estaba previsto!