A autodeterminación favorece a convivencia entre os pobos

Aureli Argemí, presidente emérito do CIEMEN, considera o dereito de autodeterminación dos pobos como un dos eixos fundamentais da democracia e da paz. "Expresa, de feito, un dos principios básicos e xustificativos das institucións máis importantes do mundo, comezando pola ONU". Argemí clausurou o Seminario realizado en setembro pola Rede Mundial dos Dereitos Colectivos dos Pobos no Parlamento europeo coa participación da Fundación Galiza Sempre. Podes ver un resumen das súas conclusións neste video: http://vimeo.com/51288278.