Debate: Galiza cara a fóra

Inter-nacionalismo, Solidariedade e Cooperación foron os temas desta xornada de debate organizada por Galiza Sempre o 3 de marzo na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela. Falouse dos prexuízos e limites en torno á cooperación; de que fai e que pode facer a sociedade galega; e da cooperación como parte da acción exterior dunha nación sen estado. Contamos, entre outras achegas, co presidente da coordinadora galega de ONGDs; coa deputada Olaia Fernandez Davila e o Alcalde de Allariz; e co director da Cooperación catalana ata 2010, David Minoves de ERC.

Programa
17:30h Que solidariedade?
Olaia Fernández Davila, Deputada no Congreso
Xosé Mª Torres Bouza, Presidente da Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento
Maria Méndez, Concelleira en Vigo, Vocal Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Francisco García, Alcalde de Allariz, Vicepresidente da FEGAMP

Imaxe: un momento da primeira mesa redonda.

19:45h Acción Exterior e Cooperación
Gonzalo Constenla, Secretario de Acción Exterior do BNG
David Minoves, Director Xeral de Cooperació al Desenvolupament i Acció Humanitària da Generalitat de Catalunya (2006-2010)

O xornal Galicia-hoxe recolleu a crítica de Xosé Maria Torres a respeito do esforzo en cooperación das nosas institucións:
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/papel-galiza-na-coope...