A Fazaña da Liberdade | Documental Biográfico sobre Alexandre Bóveda

Galiza Sempre colabora na difusión do Documental biográfico sobre Alexandre Bóveda, A FAZAÑA da LIBERDADE

O documental amosa o periplo vital dunha das personaxes máis influíntes e tamén máis descoñecidas para a inmensa colectividade de Galiza. Reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galiza, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bo e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gostaba dicir.
Comezando no seu Ourense natal onde Bóveda nace, é mozo e faise home, ata a chegada á súa “amada Pontevedra” e posterior exilio, e finalmente o dramático final do protagonista, A FAZAÑA da LIBERDADE é concebida coma unha visión áxil pero sen deixar de afondar no conflicto.

A equipa de Filmilka Galaika dirixe e produce este documental e creou un blog onde podedes seguir todos os pasos do proceso, clica aquí A Fazaña da Liberdade