A Fundación Galiza Sempre renovará o seu Padroado

A Fundación Galiza Sempre renovará o seu Padroado na xuntanza de constitución que se celebrará este sábado 18 de xaneiro ás 10h30 no Museo do Pobo Galego

A Presidencia da Fundación será asumida por Guillerme Vázquez Vázquez quen fora portavoz nacional do BNG no período 2009-2013, a vicepresidenta será Ana Luísa Bouza Santiago exdeputada do BNG e ex membro da Executiva do partido. Pola súa banda o anterior presidente, Suso Veiga, porase á frente do Consello Asesor da Fundación.

Esta nova etapa integrará un padroado plural con persoas de recoñecido prestixio social e intelectual como Suso de Toro, Mª do Carme García Negro, Rubén Lois, Mar Pérez Fra, Uxío Breogán Diéguez Cequiel e Luísa González Couceiro. As persoas que entran pola executiva do BNG segundo os estatutos da fundación son Bieito Lobeira Domínguez, Goretti Sanmartín Rei, Ana Miranda Paz, Néstor Rego Candamil e Rafa Vilar González.