As fundacións nacionalistas na Asemblea da ALE

O Centre Maurits Coppieters, a fundación política europea presidida polo director de Galiza Sempre, Xabier Macías, informará das súas actividades á Asemblea anual da Alianza Libre Europea (ALE) que se reune esta fin de semana en Ljouwert, Fryslân. O partido no que se integra o BNG no Parlamento de Estrasburgo xunta entre o 22 e o 24 de marzo 150 representantes dos 35 partidos políticos que conforman a ALE. O BNG estará representado pola súa eurodeputada Ana Miranda.

O coordinador do CMC, Ignasi Centelles, será o encargado de presentar as actividades compartidas por once entidades e fundacións nacionalistas de Galiza, Catalunya, País Basco, Córcega, Flandes ou Gales, entre outras procedencias. Estudos, publicacións e iniciativas a prol da diversidade cultural e dos dereitos políticos das nacións sen estado europeas constitúen o núcleo dos proxectos do CMC.

Maís información en:

www.cmc-foundation.eu
www.e-f-a.org