Galiza, estado propio na UE. O ascenso das nacións autónomas

No día de Europa, o 9 de maio, recuperamos este estudo The Ascent of autonomus nations, publicado pola nosa organización de referencia no ámbito europeo, o Centre Maurits Coppieters. Galiza é das peor tratadas no modelo actual e, de acordo á alternativa proposta neste estudo, chegaría triplicar a súa presenza no Parlamento europeo (PE) nunha UE ampliada internamente a 34 estados. http://goo.gl/OYQUI

Neste vídeo explícase moi ben a temática deste estudo e o obxectivo da campaña que pon en marcha o Centre Maurits Coppieters (CMC).