Galiza protagonista en Debates e alianzas sobre a Crise e os Dereitos dos Pobos no FSM de Dakar

O coñecemento directo da realidade dos pobos africanos; a defensa das línguas, as culturas e a soberanía dos pobos e nacións sen estado, asi como a presenza galega en alianzas internacionais en favor dunha alternativa á crise que cuestione o modelo de ultraliberalismo económico imperante, principais focos de interese da participación de Galiza Sempre na undécima edición do Foro Social Mundial.

A língua e a cultura da nación galega terán protagonismo na undécima edición do Foro Social Mundial que se reúne en Dakar, Senegal, do 6 ao 11 de febreiro. Xosé Manuel Beiras, Presidente da Fundación Galiza Sempre, será un dos oradores principais nas actividades programadas pola Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos nunha nova cita mundial do proceso aglutinador dos movementos opostos á globalización imposta polo capitalismo ultraliberal.

Será esta a segunda vez que o FSM se reúne en Africa (xuntárase en Nairobi, Quenia en 2007) agardándose un importante protagonismo dos movementos sociais do continente, en especial na marcha inaugural o domingo 6 e na xornada do día 7, íntegramente dirixida á realidade africana. O espazo adicado á defensa da autodeterminación dos pobos e nacións sen estado analizará ademais en días sucesivos os diversos conflitos mundiais orixinados pola negación da soberanía e a cultura das comunidades nacionais contrapoñendoos ás achegas á paz e á democracia derivadas do recoñecemento dos dereitos colectivos. Tomarán a palabra ao longo de tres días, entre outros, representantes de pobos norte e sudafricanos, amazighs, kurdos e diversos pobos indíxenas do continente americano. Por parte europea intervirán bretóns, catalans e galegos. Xabier Macías, director de Galiza Sempre, representará á fundación da Alianza Libre Europea (o Centro M. Coppieters) que preside desde 2008.

Unha das novidades positivas neste encontro mundial, que se reúne agora con carácter bianual, será a profundización do debate e busca de confluencias entre diferentes perspectivas críticas da globalización neoliberal. Asi, o mesmo espazo que aborda a situación dos pobos acollerá o intercambio e a reflexión conxunta entre representantes de diversas experiencias e movementos sociais sobre temas como: Plurinacionalidade e Libredeterminación; Crise de Civilización, agresións ao Medio Ambiente e alternativas ao “desenvolvemento” produtivista e ilimitado. Nestas Mesas redondas participarán algunhas das figuras activistas e intelectuais máis destacadas no movemento alternativo á globalización. Xosé Manuel Beiras achegará a perspectiva galega e será o encargado de presentar, canda os representantes do CIEMEN catalán, a Declaración que a Rede Mundial prevé aprobar en Dakar en defensa dos dereitos dos pobos.

A Rede promotora destas iniciativas constituiuse en Girona (Catalunya) o pasado mes de Abril coa participación da Fundación Galiza Sempre e outras trinta entidades de todos os continentes. Celebrará en Dakar a súa segunda asemblea na que programará diversas actividades para o ano 2011 no que proxecta promover a súa representación perante diferentes organismos internacionais.

Programa
6 de febreiro. Participación na Marcha de inauguración (foto)

7 de febreiro
8:30 África e os dereitos colectivos dos pobos. Voces de África
Participantes: Agustín Lao, redes de afrodescendentes . Embarek Brahim Marouf (Frente Polisario) . Aboubaker Akhati (tuareg, Mali) . Cissokho Aldiouma (Movemento de refuxiados Mauritanos en Senegal, Mauritania) Boucounta Diallo (xurista, Casamance) Doudou Ndoye (pobo Libou)

8 de febreiro
08:30 Os conflitos no mundo desde a perspectiva dos dereitos colectivos dos pobos
Coordinación: Carles Riera, (CIEMEN, Países catalanes)
Participantes: Soraya Sough (Amazigh) Xabier Macias, Centro Maurits Coppieters (CMC), fundación da Alianza Libre Europea. Mehmet Yuksel (Kurdish Network, Kurdistán). Rafael Reig (Intersindical Valenciana, STEPV-ISTPV, Paísos catalans)

16:00 Principios para un novo paradigma de civilización
Coordinación: Oded Grajew
Participantes: Susan George (Francia) Joan Martínez Allier (Paísos catalans) Boaventura Santos (Portugal) Silke Helferich (Alemania) Carles Riera (Paísos catalans) Joao Whitaker (Brasil) Ruben Born (Brasil) Ladislau Dowbor (Brasil) Tomás Huanacu (CAOI Bolivia)

9 de febreiro
08:30Contribución dos Dereitos Colectivos á Paz, a Cultura e a Democracia
Coordinación: Xosé Manuel Beiras (Galiza)
Participantes: Yann Choucq (Comité Breton pola Democracia e os Dereitos Humanos) David Minoves (Fundació Josep Irla, Paísos catalans). Katu Arkonada, País Basco. Rania Madi (Palestina) John Cliff (Cornish Stanniary Parliament). Emine Ayna (BDP, Kurdistán). Roberto Espinoza (Rede Ubuntu)

16:00 Construción de Plataformas de Acción Conxunta: COP 17, Rio +20, FSM
Coordinación: Jorge Abraao
Participantes: Gus Massiah (Francia) Nicola Bullard (Francia) Raffaella Bolini (Italia) Brian Ashley (Sudáfrica) Luiz Arnaldo (Brasil) Gina Vargas (AFMS) CUT. Roberto Espinoza (Perú). MST. Valentín Muiba (COICA, Bolivia)

10 de febreiro
08:30 II Asemblea Xeral da Rede Mundial polos dereitos colectivos dos pobos