Galiza Sempre adhírese á homenaxe a Del Riego en Vigo

Galiza Sempre é unha das múltiples entidades que se teñen sumado á homenaxe civil a Francisco Fernández del Riego (Lourenzá, 1913-Vigo, 2010) promovida pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia. Queremos expresar deste xeito á nosa gratitude a quen adicou boa parte da súa vida ao impulso e recoñecemento da cultura e os dereitos nacionais de Galiza. O acto terá lugar en Vigo o venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, no Centro Social Novacaixagalicia.