Galiza Sempre Amb Catalunya

O Goberno español ven de propoñer ao Senado a aplicación do artigo 155 da Constitución española en Catalunya. Para a Fundación Galiza Sempre estamos diante dunha actuación golpista que reflicte unha profunda involución democrática do Estado español que, sen dúbida, terá tamén consecuencias sobre o pobo galego.

Amosamos toda a nosa solidariedade co pobo de Catalunya e apoiamos as concentracións convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya que terán lugar, de xeito simultáneo en diferentes localidades, o venres, 27 de outubro, ás 20.00 horas. En Compostela será na Praza do Toural.