A muller catalana, a muller española, a muller galega é a que cubre as enormes insuficiencias do Estado do benestar: Vicenç Navarro (2001) | Fonoteca FGS

Vicenç Navarro foi un dos primeiros convidados da Fundación Galiza Sempre. En xuño de 2001 impartíu unha conferencia sobre Globalización, neoliberalismo e políticas sociais no Museo do Pobo Galego dentro do Ciclo “Diversidade é democracia” organizado pola fundación nacionalista. Analizando as insuficiencias do Estado do benestar, Navarro -Catedrático da Universitat Pompeu Fabra, profesor de Políticas Públicas en The Johns Hopkins University (Baltimore, EEUU) e cualificado experto e asesor internacional en políticas públicas e sociais- destacaba a carga laboral que iso implicaba para as mulleres. Un punto de vista que merece ser recordado nestes tempos de crise no que o desmantelamento de servizos públicos resultante da aplicación de políticas ultraliberais volve botar sobre as mulleres o peso do traballo doméstico e de coidado, precarizando aínda máis a súa situación laboral.

Pódelo escoitar neste fragmento da súa intervención en Compostela: