"A nai como suxeito existe alí onde as mulleres como suxeitos non son". Carme Adán

Mulleres na casa e sen dereitos?
A Fundación Galiza Sempre debatíu o papel asignado ás mulleres nunha sociedade sen servizos públicos gratuítos e universais á que apuntan os recortes e as políticas ultraliberais aplicadas agora, co pretexto da crise, polos gobernos do Partido Popular na Xunta e Madrid.

Foi en xuño nun Seminario en torno ao futuro da paridade e os retos que as políticas igualitarias deben afrontar perante o rexurdimento de correntes de pensamento ultraconservadoras que reivindican o retorno das mulleres aos seus roles tradicionais.

Poñemos á vosa disposición unha breve escolma das opinións expresadas.
Carme Adán (BNG) Vicesecretaria do Parlamento galego e Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009: “A nai como suxeito existe alí onde as mulleres como suxeitos non son”