NOVAS DATAS DE PRESENTACIÓN. Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio

Prezadas amigas,
Logo da boa acollida no acto de presentación oficial do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio continuamos!

Aquí vos deixamos vindeiras datas e eventos nos que podedes falar, debater e analizar cos autores o espolio do Pazo de Meirás.

Como sabedes o libro pódese adquirir nas librarías de todo o país, na loxa BNG ou directamente na sede da FGS, contáctanos!

29 DECEMBRO. 19H00. SALÓN DE ACTOS DA PAXAREIRA. DODRO -- En colaboración co BNG de Dodro. Participan: Manuel Pérez Lorenzo, autor do libro e Xoán Bautista Mariño Abuín, portavoz municipal do BNG.

2018_

13 XANEIRO. 19H00. LAR DA CULTURA DO PAÍS. LUGO -- En colaboración coa Asociación Cultura do País. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro, María do Carme García Negro, padroado da Fundación Galiza Sempre e Isabel Rodríguez Mate Vicepresidenta de Cultura do País.

18 XANEIRO. 20H30. LIBRARÍA BAHÍA. FOZ -- En colaboración coa Asociación A Pomba do Arco. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro e Xosé Ramón Ermida, da Asociación Pomba do Arco.

20 XANEIRO. 17H00. LIBRARÍA BIBLOS. BETANZOS -- En colaboración coa Asociación María Miramontes, Asociación Cultural Roxín Roxal, BNG Betanzos. Participan: Manuel Pérez Lorenzo e Carlos Babío Urkidi, autores do libro e representante das asociacións.

24 XANEIRO. 20H00. ANTIGO HOSPICIO. FERROL-- En colaboración coa Sociedade Cultural Medulio. Participan: Carlos Babío Urkidi, autor do libro, Francisco Jorquera Caselas, presidente da Fundación Galiza Sempre e Elia Rico, presidenta da Soc. Cultural Medulio.

25 XANEIRO. 19H30. LIBRARÍA COUCEIRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA -- En colaboración coa Agrupación Cultural O Galo. Participan: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorezo, autores do libro, Ana Miranda Paz, vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e María Antonia Pérez, presidenta da Agrupación Cultural O Galo.

27 XANEIRO. 19H00. CENTRO SOCIAL A GALLEIRA. OURENSE -- En colaboración co Asociación A Galleira. Participan: Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorezo, autores do libro, Ximenza González do C.S. A Galleira.

07 FEBREIRO. 20H00. CASA DA LUZ. PONTEVEDRA -- En colaboración co Concello de Pontevedra. Participan: Carlos Babío Urkidi, autor do libro, Luís Bará, deputado do BNG no parlamento galego e Montse Fajardo, xornalista e escritora.