Presentación do libro "Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática" de Xavier Vence

Este xoves día 2 de maio ás 18.30h na feira do libro en Compostela, presentamos o último libro editado pola Fundación Galiza Sempre: “Crise e fracaso da Unión Europea neoliberal. Unha alternativa soberanista e democrática” de Xavier Vence.

Editado pola Fundación Galiza Sempre o libro analiza, entre outros asuntos, o grao de converxencia e diverxencia económica na UE, as consecuencias da desregulación do sector financeiro e a política de competencia, rematando con propostas para unha outra Europa.

Xavier Vence, Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, afirma na introdución que “a incapacidade da UE para dominar a actual crise financeira e de débeda é o fracaso dunha forma de construír a UE e o euro sobre a base duns principios en exceso neoliberais e, tamén, o fracaso dunhas políticas de resposta á crise igualmente guiadas ou asentadas sobre diagnósticos e estratexias netamente neoliberais"

Xoves 02 de maio | 18:30 h
Feira do Libro de Santiago de Compostela
Paseo Central da Alameda

Falarán:
Xesús Veiga Buxán. Presidente da Fundación Galiza Sempre
Xavier Vence Deza. Autor do libro