Secuelas do franquismo…: “La España de Franco no puede tolerar agresiones a la unidad del idioma” (1938)

Bernardo Máiz, historiador e Catedrático no IES Concepción Arenal de Ferrol documentaba literalmente a represión franquista contra o idioma galego nas xornadas sobre memoria e secuelas da ditadura organizadas por Galiza Sempre no outono de 2007. Na súa intervención, centrada no “marco lexislativo represivo e a súa aplicación práctica” reivindicou a necesaria recuperación da memoria histórica do período 1959-1977. Ese era, precisamente, un dos obxectivos perseguidos por Galiza Sempre nesas xornadas sobre “O franquismo contemporáneo”: “evitar entre as novas xeracións unha percepción sesgada que identifique exclusivamente a ditadura coa represión exercida entre 1936 e os primeiros anos 50”, resaltando “o sofrimento e a penuria padecidos polos demócratas que se opuxeron a un réxime franquista xa consolidado, contribuindo de xeito decisivo ao seu desgaste”.

Ver vídeo

(Na imaxe, octavilla de 1942)