Tempo de Autodeterminación. Asemblea xeral da Alianza Libre Europea

A XII Asemblea Xeral da ALE conxuntamente coa asemblea das organizacións da mocidade da ALE e da fundación política Centre Maurits Coppieters, celebrarase os vindeiros 13 a 15 de febreiro en Santiago de Compostela. A Fundación Galiza Sempre xunto ao BNG e Galiza Nova seremos as entidades anfitrionas desta edición que levará por lema Tempo de AUTODETERMINACIÓN - It´s time for SELF-DETERMINATION.

A ALE é un partido europeo integrado por 40 formacións políticas nacionalistas de 17 estados europeos, que ten como elemento común a defensa dunha “Europa dos pobos” a través do exercicio do dereito de autodeterminación, da defensa da diversidade lingüística e cultural así como da defensa do desenvolvemento económico e social das súas respectivas nacións. A Fundación Galiza Sempre está integrada no Centre Maurits Coppieters, fundación política vinculada á ALE que promove a investigación política a nivel europeo e internacional, sobre todo con foco no nacionalismo, xestión da diversidade cultural e lingüística nas sociedades complexas, gobernanza a varios niveis, a descentralización do Estado e a reforma constitucional.

Consulta aquí o programa.