TODOS OS POBOS TEÑEN DEREITO Á AUTODETERMINACIÓN

A Fundación Galiza Sempre participará este domingo día 30 de marzo na manifestación polo dereito á autodeterminación que se organiza en Bruselas e promovido polo ICEC (Comisión Internacional de cidadáns europeos). Ao día seguinte, estaremos na asemblea xeral ordinaria da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos que se celebrará no Parlamento Europeo.

Este é o manifesto e a proclama para a mobilización do 30 de marzo:
Dende o total recoñecemento do Dereito de Autodeterminación dos Pobos esiximos abertamente que se garanta o seu exercicio.

Unha manifestación que interpela as Institucións Europeas, defendendo unha acción política concreta. E facémolo, oportunamente, apenas un mes e medio antes das eleccións Europeas, onde o exercicio democrático do referendo Catalán debe ser protagonista, debemos facer protagonista!

Vivimos momentos históricos. Diferentes nacións Europeas viven os seus procesos de autodeterminación cos que expresarán formalmente e explicitamente as maiorías a favor de declararse Estados Independentes. Un momento en que Europa, entendida como baluarte de práctica democrática, ten a oportunidade de demostrar que é garante, que os valores fundacionais da UE: Liberdade, Xustiza, Igualdade e Paz non son o pretexto senón a súa esencia e leitmotiv. Que é a UE? é necesario que os cidadáns forzamos a súa definición sendo non só festivos senón esixentes coas nosas reivindicacións, entendendo que a súa forza é a que nós lles damos.

Escocia e Cataluña teñen data de celebración de referendo e escoitamos o “sen sentido” caduco e antidemocrático en forma de ameaza ou mesmo en forma de oposición directa á súa celebración. Ante esta situación, Cataláns, Escoceses e outros cidadáns Europeos manifestámonos o próximo 30 de Marzo de 2014 en Bruxelas a favor do Dereito Universal de Autodeterminación e en contra calquera oposición e ameaza o seu exercicio!

Ven a sumar a túa voz!