Trátase de impoñer no mundo unha “utopía” que, por definición, é exclusivamente para unha minoría

Eleuterio Fernández Huidobro, Ñato, foi o noso convidado en 2006. O actual Ministro de Defensa uruguaio, daquela senador polo Frente Amplio, pronunciou conferencias en Vigo e Santiago e participou no Seminario “Gobernar para transformar a dependencia”. Ñato, exguerrilleiro tupamaro e compañeiro de militancia e de cárcere do presidente José Mugica, denunciou con crudeza as consecuencias do fundamentalismo do mercado e do capitalismo financeiro. Galiza Sempre publicou un Ideas impresas coa transcrición da súa intervención descargable aquí, da que che ofrecemos agora un pequeno anaco gravado.