A Unión Europea non é a solución, é o problema! Hai alternativa ao espolio de Galiza

Xornada de análise e debate
25 | Xaneiro | 2014
Salón de Congresos | Pazo da Cultura de Pontevedra

PROGRAMA

10h00: Benvida e presentación
- Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra.
- Guillerme Vázquez Vázquez, Presidente da Fundación Galiza Sempre
- Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

10h15: A UE como modelo de capital globalizado
Modera: Saleta Chao Rivas
Intervencións:
- Modelo económico e social da UE. A resposta da UE e a “troika” ante a crise. Bernardo Valdês, profesor de economía da USC.
- Papel da UE no cotexto internacional. Manuel Mera, director da Fundación Moncho Reboiras
- Homoxeneización, xerarquización, asimilación cultural e lingüística na UE. Pilar García Negro, Doutora en filoloxía románica, profesora titular da Universidade da Coruña.

11h15: A destrución da capacidade produtiva na periferia europea: impacto na Galiza das políticas económicas da UE.
Modera: Eva Vilaverde
Intervencións:
- Impacto na pesca. Bieito Lobeira, secretario de organización do BNG.
- Impacto no agro. Edelmiro López Iglesias, profesor de economía na USC.
- Impacto na industria, naval e emprego. Francisco Rodríguez, Consello Nacional do BNG.

12h15: Vontade popular, soberanía, dereitos e liberdades no seo da UE. A democracia secuestrada.
Modera: Adrián Dios Vicente
Intervencións:
- Dereitos das mulleres. Carme Adán, deputada do BNG no Parlamento de Galiza.
- Dereitos sociais claudicantes fronte á expansiva presión do mercado na UE. Alba Nogueira, Profesora de Dereito Administrativo na USC.
- A Gobernanza da UE e a crise da democracia. Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo na UdC.

13h15: A concentración económica e política nas institucións da UE como resposta á crise. A alternativa do BNG.
Modera: Xavier Campos
Intervencións:
- Crise política e institucional na UE, o déficit democrático das institucións europeas. Balance do traballo do BNG no Parlamento Europeo. Ana Miranda, eurodiputada do BNG 2012 – 2013
- As nacións negadas na UE, a presenza directa de Galiza ante a UE e a defensa da soberanía para sobrevivir. Héitor López de Castro
- As alternativas do BNG para a UE: Que UE sería defendíbel e asumíbel? Pódese contemplar a saída da UE?. Rosana Pérez Fernández, deputada no Congreso polo BNG.

14.00: Peche.