Xesús Veiga, novo presidente da fundación

Xesús Veiga Buxán é o novo presidente da Fundación Galiza Sempre. Profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e deputado do BNG no Parlamento galego entre 1993 e 2005, forma parte do Consello Nacional desta formación política que promoveu a creación da fundación en 1999.