40 anos ao servizo da Galiza en Celanova

40 anos ao servizo da Galiza en Celanova

O sábado 16 de decembro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Celanova o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.

O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:

  • Julia Paz Fernández, número 2 da candidatura do BNG en Celanova
  • Sindo Rodríguez Bernardo, militante histórico
  • José Rodríguez Cid, militante histórico
  • Manuel Anxo F. Baz, autor do libro
  • María Albert, deputada no Parlamento galego

Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!