40 Anos ao servizo da Galiza en Lugo

40 Anos ao servizo da Galiza en Lugo

O xoves 29 de setembro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Lugo o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.

O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:

  • Maite Ferreiro, Viceresponsábel comarcal do BNG
  • Xesús Méndez (Suso de Navia), Militante fundacional do BNG
  • Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre
  • Olalla Rodil, Deputada do BNG no Parlamento Galego

Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!