40 anos ao servizo da Galiza en Pontevedra

40 anos ao servizo da Galiza en Pontevedra

O martes 4 de outubro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Pontevedra o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.

O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:

  • Carme da Silva, membro da Executiva Nacional do BNG
  • María Xesús López Escudeiro, militante histórica da comarca
  • Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre
  • Miguel Anxo F. Lores, alcalde de Pontevedra

Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!