40 anos do BNG na comarca da Barbanza

40 anos do BNG na comarca da Barbanza

Este venres conmemoramos en Boiro os 40 anos do Bloque Nacionalista Galego na comarca da Barbanza. O acto contará cun recoñecemento á militancia histórica e fundacional do BNG na comarca.
Tamén poderás facerte co libro 40 anos ao servizo da Galiza, autoría de Manuel Anxo F. Baz, no que se recollen os principais acontecementos nestes anos e a resposta política do nacionalismo galego.
O acto terá lugar ás 20:30 no Centro Social de Boiro e intervirán:
  • Rosana Pérez, deputada do BNG
  • Santos Saborido, militante histórico
  • Manuel Anxo F. Baz, autor do libro
  • Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre