40 anos do BNG no Morrazo

Este sábado terá lugar a conmemoración en Moaña dos 40 anos do Bloque Nacionalista Galego na comarca do Morrazo. O acto contará cun recoñecemento á militancia histórica e fundacional do BNG na comarca.
Tamén poderás facerte co libro 40 anos ao servizo da Galiza, autoría de Manuel Anxo F. Baz, no que se recollen os principais acontecementos nestes anos e a resposta política do nacionalismo galego.
O acto terá lugar ás 19:30 no Multiusos de Domaio e intervirán:
  • Leticia Santos, alcaldesa de Moaña
  • César Varela, militante fundacional do BNG
  • Modesta Riobó, militante fundacional do BNG
  • Manuel Anxo F. Baz, autor do libro
  • Paulo Ríos, deputado do BNG