50 aniversario de ERGA (1972-2022)

50 aniversario de ERGA (1972-2022)

A Fundación Galiza Sempre publicou no mes de decembro un novo exemplar da colección de cadernos Grandes Efemérides de Galiza  aproveitando o aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos. Con este novo exemplar pretendíamos lembrar e pór en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu papel como organización de masas no ámbito estudantil e escola de cadros para o conxunto do movemento nacionalista na Galiza.

Duarte Correa, membro da dirección de ERGA nos seus últimos anos de existencia e un dos fundadores do movemento xuvenil creado posteriormente, é o encargado de realizar nas seguintes páxinas un detallado repaso ás diferentes etapas que atravesou a organización ao longo dos seus case dezaseis anos de actividade.

O vindeiro martes 31, xunto con Galiza Nova e Erguer. Estudantes da Galiza, comezamos unha xeira de presentacións do caderno en distintos puntos do país:

  • Ourense: martes 31 ás 19h na Facultade de Ciencias da Educación
  • Compostela: xoves 2 ás 19h na Facuñltade de Historia
  • Pontevedra: xoves 8 de febreiro ás 19h na Facultade de Belas Artes
  • A Coruña: venres 10 de febreiro ás 19:30 na A.C Alexandre Bóveda

En cada acto intervirá o autor do caderno, que estará acompañado da secretaria xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e membros do Consello Nacional de Erguer.

*O caderno forma parte da colección Grandes Efemérides de Galiza, a cal recibe o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.