A Fundación Galiza Sempre asistiu á I Escola Soberanista celebrada a pasada fin de semana en Donosti

A Fundación Galiza Sempre asistiu á I Escola Soberanista celebrada a pasada fin de semana en Donosti

Esta fin de semana a Fundación Galiza Sempre achegouse a Donosti para participar xunto con máis de 150 persoas e máis de 30 fundacións, entre elas a Fundación Terra e Tempo e a Fundación Moncho Reboiras na primeira escola soberanista, organizada polo Foro de Fundacións da Esquerda Soberanista, da cal a FGS é membro.

Baixo o título “Democracia XXI: Os pobos soberanos fronte ao autoritarismo” abordáronse tres eixos principais:

  • Entender o tempo no que vivimos.

  • O estudo da crise estructural do Reino de España e os posíbeis escenarios.

  • Análise da soberanía, feminismo, emerxencia climática e as novas vías de emancipación

O obxectivo desta primeira escola era desenvolver de maneira colectiva a proposta soberanista transformadora no momento actual, procurando a unidade de acción entre as fundacións das forzas soberanistas. Unha escola na que se puido partillar visións e crear sinerxias sendo conscientes da diversidade e da pertenza a diferentes pobos.

Esta primeira escola tivo unha valoración moi positiva por parte das e dos asistentes, sendo conscientes da importancia que ten crear lazos de complicidade entre persoas de territorios e tradicións diferentes. Iniciativas como estas funcionan de espazo de debate, intercambio de opinións e análise, mais tamén contribúen á visibilidade pública do soberanismo de esquerda. Por iso, o Foro de Fundacións Soberanistas continuará a crear unha axenda de actividades dando a coñececer as propostas do soberanismo transformador.