A loita do Sahara Occidental pola soberanía nacional

A loita do Sahara Occidental pola soberanía nacional

A loita do Sahara chega ao ciclo Diálogos desde a Periferia este martes 1 de decembro ás 20h en colaboración coa organización xuvenil do BNG, Galiza Nova.

Da man do activista e refuxiado político saharauí Hassana Aalia e Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego poderemos achegarnos á situación actual do Sahara Occidental após a declaración de guerra.

Modera o acto Anxo Núñez, membro da Permanente de Galiza Nova e concelleiro do BNG en Outes

O encontro poderá seguirse a través das páxinas de Facebook da Fundación Galiza Sempre e de Galiza Nova cun tempo reservado para trasladar preguntas do público.