A plurinacionalidade chilena en construción

A plurinacionalidade chilena en construción

O vindeiro sábado 22 de xaneiro a presidenta saínte da Convención Constitucional de Chile,  Elisa Loncón participará nun encontro do ciclo Diálogos desde a Periferia da Fundación Galiza Sempre que leva por título A plurinacionalidade chilena en construción. Será ás 12:00 no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela).

  • Elisa Loncón é a presidenta saínte da Convención Constitucional de Chile, encargada de redactar a nova constitución que substituirá a de 1973 herdada da ditadura de Augusto Pinochet. Loncón é académica e activista pola conservación da lingua mapuche e exerce como académica na Universidade de Santiago de Chile. Toda a súa vida profesional estivo vencellada ao rescate das linguas indíxenas, ao sistema lingüístico mapudungun e ás metodoloxías de ensinanza. Destacou tamén na súa época universitaria nos movementos de oposición á ditadura e desde sempre na loita pola autodeterminación e os dereitos plurinacionais dos pobos.

No acto intervirán a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón e a Coordinadora da Área de Internacional do BNG, Ana Miranda.