A Revolución dos Cravos. O proceso revolucionario e as perspectivas de cambio para Galiza

A Revolución dos Cravos. O proceso revolucionario e as perspectivas de cambio para Galiza

A Fundación Galiza Sempre, en parcería co núcleo da Galiza do PCP e coa AJA Galiza, organizan a palestra A Revolución dos Cravos. O proceso revolucionario e as perspectivas de cambio para Galiza, que terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril no Café Cultural Auriense (Ourense).

O acto ten como obxectivo abordar os acontecementos do 25 de abril de 1974 desde a óptica de Portugal e Galiza. Para iso contaremos con Elvira Souto Presedo, exiliada no país veciño após o proceso revolucionario e con Miguel Tiago Crispim, ex deputado do PCP e membro do Secretariado da Comisión de Asuntos Económicos do PCP.

A palestra estará presentada por Nemésio Barxa, co-fundador da Asociación Cultural Auriense e militante histórico do nacionalismo galego.