Adeus Avelino

Sumámonos ás mostras de dor e condolencia polo pasamento de Avelino Pousa Antelo, memoria viva do nacionalismo do Partido Galeguista. Alegrámonos de ter compartido a súa vitalidade e o seu compromiso emocionado coa lingua e a cultura galegas.

Agradecemos a súa colaboración en diferentes proxectos da Fundación Galiza Sempre, nomeadamente na conmemoración en 2006 do 75 aniversario da fundación do Partido Galeguista e na súa participación no documental “Memoria do nacionalismo galego”, onde nos quedará para sempre a súa voz e o seu apaixonado testemuño en prol dos dereitos da nación galega.

Adeus e grazas, Avelino.