Bruno Carvalho: un xornalista no Donbass

Bruno Carvalho: un xornalista no Donbass

A próxima semana Mar de Lumes e a Fundación Galiza Sempre organizan unha serie de encontros co xornalista portugués Bruno Carvalho. Bruno estivo cubrindo o conflito durante seis meses desde o Donbass, traballando como corresponsal para diversos medios, entre eles, Nós Diario.

Os encontros enmárcase dentro do ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia que a FGS xa ten consolidado como ferramenta para traer á Galiza distintas realidades do panorama internacional. Nos actos, o xornalista abordará a cobertura mediática, a propaganda de guerra e o día a día dos civís no Donbass desde a súa experiencia persoal.

A través destas palestra preténdese romper o bloqueo mediático e as manipulacións establecidas arredor da guerra no Donbass, contando coa colaboración da directora e subdirector de Nós Diario.

O calendario de actos será:

  • Vigo, luns 28 ás 20h no Café Catro a Catro
  • A Coruña, martes 29 ás 17h na Asociación Cultural Alexandre Bóveda
  • Ferrol, martes 29 ás 20h na Asociación Veciñal de Canido
  • Compostela, mércores 30 de novembro ás 20h na Casa do Taberneiro.