Estrea do documental A FAZAÑA DA LIBERDADE

Estrea do documental A FAZAÑA DA LIBERDADE

A Fundación Galiza Sempre vén difundindo o traballo de Filmika Galaika na dirección e producción do documental de longa duranción: A Fazaña da Liberdade.

“A Fazaña da Liberdade” conta coa participación de numerosos persoeiros que desenvolven coas suas testemuñas e coñecementos a historia vital do noso protagonista: Xosé Manuel Beiras, Isaac Díaz Pardo, Xavier Vence, Avelino Pousa Antelo, Xosé Lois Bóveda, Francisco Rodríguez, Amelia Bóveda, Francisco Carballo, Justo Beramendi, Fernando Quintela Novoa, Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Valentín García Bóveda e Carlos Velasco.

Para mais información do proxecto: http://afazanhadaliberdade.wordpress.com/
Pincha aquí para ver o trailer do documental

A estrea é mañá MARTES 4 DE XUÑO ÁS 20H NO TEATRO PRINCIPAL DE PONTEVEDRA