Estrea do documentario Setembro do 82. O nacemento da unidade nacionalista

Estrea do documentario Setembro do 82. O nacemento da unidade nacionalista

No marco do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, a Fundación Galiza Sempre elaborou unha peza documental sobe a Asemblea Constituínte do BNG. O 24 e 25 de setembro deste ano cúmprense 40 anos e o mércores 14 de setembro terá lugar a estrea do documentario no Teatro Principal de Compostela ás 20h.

O acto contará coa benvida da portavoz municipal, Goretti Sanmartín, do presidente da FGS, Rubén Cela e da portavoz nacional, Ana Pontón. O acto será tamén unha sentida homenaxe á incansábel militante, Saleta Goi, quen participou do documental e nos acaba de deixar recentemente.

Aínda podes reservar o teu convite en comunicacion@bng.gal