Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?

Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?

O martes 28 de abril démoslle o feche ao ciclo «Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?» que desenvolvimos no mes de abril.
Todas as mesas foron clarificadoras e cunhas magníficas intervencións, brillantes, quedounos claro que debemos seguir sendo activas e activistas na defensa do noso, do noso territorio, economía, industria, lingua, benestar, da nosa soberanía, debemos seguir reclamando a nosa liberdade por optarmos por vivir na nosa terra e cos nosos recursos.

Efectivamente, nestes 35 anos houbo avances precedidos sempre por unha reinvindicación nacionalista sobre todo coa presenza dunha forza política nacionalista no goberno galego. Lamentabelmente a partir de abril de 2009 o retroceso é cada vez maior. A falla de responsabilidade gobernamental é evidente. Nas nosas mans está seguir activas #facendocontas, lembrar, non esquecer porque na memoria e na análise atopamos tamén a ansia por continuar.

Agradecemos inmenso a colaboración activa nesta reflexión e análise colectiva a Suso de Toro, Rubén Lois, Ana Luísa Bouza, Guillerme Vázquez, Xavier Campos, Mario Outeiro, Dolores Puga, Heriberto Cairo, Alba Nogueira, Mar Pérez Fra, Joám Lópes Facal, Vitoria Iglesias, Luís Villares, Nel Vidal, Mercedes Queixas, Goretti Sanmartín, Carlos Aymerich, Francisco Jorquera, Luísa González, Pepe Díaz, Carme Adán, Iván Rivas, Marta Dacosta, Marcos Maceira, Uxío Breogán Diéguez, Lucía Lopez Sobrado, Mercedes Tobío e seguide atentas porque na Fundación Galiza Sempre continuaremos escoitando e analizando de mans de expertas estes 35 anos de «suposta» autonomía porque segue sendo imprescindíbel #FacerContas.