Homenaxe a Antolín Faraldo

Homenaxe a Antolín Faraldo

O sábado 3 de setembro o BNG de Betanzos en colaboración coa Fundación Galiza Sempre renderá homenaxe a Antolín Fraldo no bicentenario do seu nacemento.

O acto desenvolverase ás 12h na Praza Antolín Faraldo, e nel intervirán:

  • Amelia Sánchez, portavoz do BNG de Betanzos
  • Mercedes Queixas, deputada do BNG
  • Mini Rivas, deputado do BNG

Con este acto queremos contribuír á difusión da vida, obra e pensamento dunha das figuras máis importantes e descoñecidas do xerme do nacionalismo galego organizado.