Homenaxe á guerrilla antifranquista na Galiza e a súa loxística

Homenaxe á guerrilla antifranquista na Galiza e a súa loxística

O próximo sábado 23 de setembro, o BNG xunto coa Fundación Galiza Sempre organizan unha homenaxe á guerrilla antifranquista galega e súa loxística, a cal terá lugar en Cabanas.

Un acto que pretende ser un recoñecemento colectivo aos centos de mulleres e homes, militantes do nacionalismo galego que sufriron todo tipo de represalias, torturas, prisión, exilio ou morte a mans do fascismo español. Así coma a tódalas persoas, mulleres na súa maioría, que foron mensaxeiras secretas ou fornecían de refuxio e apoio aos fuxidos.

Os actos comezarán ás 11:00 cun corteo cívico con saída da aldea de Xicos, para continuar cun acto de homenaxe ao carón da escola de Lavandeira ás 12:30.

A xornada rematará cun xantar de confraternidade ás 14:30.

*Prégase confirmar asistencia no enderezo electrónico cabanas@bng.gal ou no teléfono 604023247.