Non hai democracia se os gobernos non poden controlar os movementos de capitais | Fonoteca FGS

Non hai democracia se os gobernos non poden controlar os movementos de capitais | Fonoteca FGS

Toni Doménech, o filósofo e editor da revista Sin Permiso, parafraseaba deste xeito as opinións de Keynes posteriores aos Acordos de Bretton Woods (1944) no acto “Neoliberalismo en crise: cara onde vai o sistema” organizado en 2008 pola Fundación Galiza Sempre, a CIG e Altermundo no marco do Foro Social Galego. Facíao despois de comentar que “a globalización non era novidade ningunha, -en certo sentido o mundo estaba máis globalizado do que agora en 1914” e que fora precisamente a recuperación da capacidade de os gobernos democráticos controlar os movementos de capitais a responsable da “desmundialización da economía posterior á Segunda Guerra Mundial”.

Galiza Sempre promoveu e compartíu tamén no mesmo Foro debates sobre a Soberanía alimentaria, Renda Básica, a situación do galego ou a participación de Galiza como nación no proceso do FSM.

ENLACE 8: http://galizasempre.org/fundacion/novas/non-hai-democracia-se-gobernos-non-poden-controlar-movementos-capitais-fonoteca-fgs