O futuro do patrimonio espoliado pola familia Franco

O futuro do patrimonio espoliado pola familia Franco

O próximo 1 de outubro ás 20 horas no Museo do Pobo Galego, a Fundación Galiza Sempre organiza unha mesa redonda que leva por título O futuro do patrimonio espoliado polos Franco.
Nela, a concelleira do BNG en Compostela, Goretti Sanmartín,  un dos autores do libro, Carlos Babío, o deputado do BNG Luís Bará e Ana Miranda, portavoz do BNG en Europa analizarán a sentenza do xulgado da Coruña pola cal declaran propietario do pazo de Meirás ao Estado, os seus posíbeis usos e a recuperación de todo o patrimonio que aínda está nas mans dos Franco.
Se ese día non te atopas en Compostela non te preocupes porque poderás seguir a emisión  pola nosa canle de Facebook.
Existe un límite de aforo, polo que é necesaria a previa inscrición na seguinte ligazón: https://bit.ly/mesaFGS