O mundo após a COVID-19. Unha ollada desde a esquerda con Ramón Grosfoguel.

O mundo após a COVID-19. Unha ollada desde a esquerda con Ramón Grosfoguel.

O próximo mércores 27 ás 18:00 comezaremos co ciclo Diálogos desde a periferia. Nesta primeira conversa contaremos co profesor, sociólogo e teórico decolonial portoriqueño Ramón Grosfoguel. Poderás seguila a través da canle de Facebook do BNG.

Grosfoguel é profesor na Universidade de Berkeley e o seu pensamento está vencellado á filosofía da liberación latinoamericana e á perspectiva do colonialismo do poder. Entre moitas das súas obras e textos académicos podemos atopar “O xiro decolonial: Reflexións para unha diversidade epistémica máis alá do capitalismo global” ou a “Descolonización do coñecemento: Diálogo crítico entre a visión descolonial de Frantz Fanon e a socioloxía descolonial de Boaventura de Sousa Santos”.