“O PP recorda á Sección Feminina”. Olaia F.Davila (BNG) na Fundación Galiza Sempre

“O PP recorda á Sección Feminina”. Olaia F.Davila (BNG) na Fundación Galiza Sempre

A Fundación Galiza Sempre organizou en xuño un Seminario en torno ao futuro da paridade e os retos que as políticas igualitarias deben afrontar perante o rexurdimento de correntes de pensamento ultraconservadoras que reivindican o retorno das mulleres aos seus roles tradicionais.

Mulleres na casa e sen dereitos?
Debatíuse o papel asignado ás mulleres nunha sociedade sen servizos públicos gratuítos e universais á que apuntan os actuais recortes e as políticas ultraliberais aplicadas agora, co pretexto da crise, polos gobernos do Partido Popular na Xunta e Madrid.

Poñemos á vosa disposición unha breve escolma das opinións expresadas.
Comezamos coa voz de Olaia Fernández Davila, Deputada do BNG no Congreso: “A maioría das mulleres do PP falan como a Sección Feminina cando abordan as políticas dirixidas ás mulleres”

ENLACE 12: http://galizasempre.org/fundacion/novas/pp-recorda-seccion-feminina-olaia-fdavila-bng-fundacion-galiza-sempre