Presentación A Illa da Creba. Un baldío comunal

Presentación A Illa da Creba. Un baldío comunal

A Fundación Galiza Sempre presenta o domingo 8 de maio en Esteiro o caderno nº5 da súa colección Ideas Impresas. Neste número o autor, Francisco Abeijón recolle o roubo e a impunidade do conflito cando se cumpren 100 anos desde a inscrición da illa no Rexistro Municipal de Outes a favor de particulares.

Neste pequeno traballo desde a FGS pretendemos socializar as décadas de batallas xudiciais, políticas e sociais, xa que a loita pola devolución da Creba non se fundamenta só nunha cuestión sentimental. Vai moito alé do emocional, aínda que unha loita tan longa e que afecta a tantas xeracións, tamén conmove no plano humano. Mais tamén afecta na cuestión económica, no xurídico e no ambiental.

O domingo 8 no Local Social da Esteirana ás 12h, presentaremos este humilde traballo que pretende ser o inicio dunha campaña social pola recuperación do uso público da Illa da Creba. No acto participarán:

  • Sol Agra, responsábel comarcal do BNG
  • Bieito Lobeira, Fundación Galiza Sempre
  • Francisco Abeijón, Pacucho, autor do caderno
  • Rodrigo Molinos, Bolato, Asociación Cultural O Xeito