Presentación do caderno Políticas públicas da memoria na Galiza en Compostela

Presentación do caderno Políticas públicas da memoria na Galiza en Compostela

O próximo venres 16 de abril ás 19:30 presentamos no Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) o caderno Políticas públicas da memoria na Galiza, a terceira das obras que compón a colección de Ideas Impresas. Trátase dun caderno de análise no que o seu autor, Luís Bará Torres, recolle o traballo  e iniciativas que se executaron en políticas de memoria histórica na última lexislatura do Parlamento Galego.

No acto estará acompañado por Carme Vidal, xornalista, e Goretti Sanmartín, concelleira do BNG en Compostela.

*Por mor das limitacións de aforo é imprescindíbel anotarse no seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe-amygFlLJirDHBfBjErs5acgjPt0rmHVL1WW83atogFZb2A/viewform