Presentación do caderno Vivas e Libres de Carme Adán en Lugo

Presentación do caderno Vivas e Libres de Carme Adán en Lugo

Dentro do marco dos faladoiros feministas que o BNG de Lugo organiza na mesma cidade, a Fundación Galiza Sempre presentará o vindeiro venres 18  de marzo ás 19:30 o caderno Vivas e Libres. A obra pretende ser un pequeno ensaio recopilatorio das medidas que se levaron a cabo no país en materia de violencia de xénero no ámbito lexislativo.

A autoría do caderno está asinada pola filósofa e teórica feminista Carme Adán, que ademáis coñece de primeira man o que no caderno se relata, pois entre 2005 e 2009 foi Secretaria Xeral de Igualdade na Xunta de Galiza e desde 2009 a 2016 deputada do BNG no Parlamento Galego.